Elevándonos

We rise by lifting others. Despóis da baixada por via IV Novembre paro no semáforo que me recibe coa cor vermella de sempre. Por moita vergoña que teña non cambia. Antes de meterme no tráfico da parte baixa e nas súas rúas estreitas, Praza Venezia quere cobrarme sempre a sua peaxe de tempo. Nunca me sentín acollido nesta praza feita pra mostrarse e non pra estar, sen intimidade. Aínda menos agora, ocupada polas xigantescas obras e os ríos de xente que che arrastran.

Hoxe, porén, no so parei mais vin. Vin diante de min o gran mural de Marinella Senatore e descubrín nun curruncho da gran superficie, unhas palabras que lle daban voz. Unha voz que seduce. Logo, un entra e queda entre cores e formas. Esta vez tivéronme que tocar a bucina pra que eu me movera.

we rise by lifting others piazza venezia
Mural de Marinella Senatore en Piazza Venezia durante os traballos para a nova estación de metro.

Gustoume máis o que vía polas palabras que resoaban. As imaxes e os pensamentos ían dando voltas a cada pedalada. Rumiaba. Subía cara ao Gianicolo por vía Garibaldi e non puiden deixar de pensar en Aniceto Gómez, un ourensán dos Franciscanos Mínimos, reitor da igrexa de San Pietro in Montorio. Pensei nel mentres ascendía e iba xogando co adxectivo mínimo. Tamén pensei nas ‘Ancillae Cordis Iesu’, pois Belén presentaría de alí a poucos minutos un dos seus proxectos de servizo no Liceo. Mínimos, servos, palabras que a obra de Marinella Senatore traducíame e facíame ver con novos sentidos.

¿Que pasa hoxe? Incluso unha parada do autobús chámame a atención. En branco sobre fondo azul unhas palabras de Pier Paolo Passolini “ou servos ou rebeldes”, revive 50 anos despois da súa morte. E coma por arte, máxica, en contacto co mural, tamén cambiaba o que primeiramente parecía. Xa non era unha auténtica disxuntiva, non dúas alternativas contrapostas, mais dúas formas de dedicarse a levantar os outros.

Agora, aparecíanseme coma xigantes os mínimos e reinas as servas. Tan enriba estaban porque querían, porque a súa altura e o seu servizo facían que outros puidéranse levantar. Un auténtico lifting que da vida cotiá pode cambiar cousas que parecen imposibles, coma na viñeta de Quino.

quino servicio guernica

Destas imaxes falei logo a alumnos e amigos. E confésovos que, intentando escapar do tráfico, mentres volvía -e sen levar comigo ningún ET- sentinme, como din os italianos, ‘sollevato’ pola arte, sen peso.